Hoxe, 19 de abril, as representantes da Confederacion ANPAS GALEGAS tivemos unha xuntanza coa Secretario Xeral de Educación e Formación profesional, José Luis Mira, para falarmos do novo calendario escolar que a Consellaría de educación pretende implantar a partir do curso 2021-2022; nesa xuntanza tamén estaba presente CONFAPA-Galicia, polo que as familias do ensino público... Seguir lendo →
Por outro calendario escolar
O calendario escolar é a folla de ruta por onde nos guiamos as familias que temos fillos e fillas no ensino non universitario, é o que condiciona a nosa vida ordinaria, o que marca as pautas do que se pode facer e do que está limitado pola existencia de clases, exames, avaliacións… As familias estamos... Seguir lendo →
Charla gratuita “Videoxogos: negocio, lecer, adicción e convivencia”
A Asociación Pedagóxica Mudare, en colaboración coa Federación de ANPAS Compostela, organiza a cuarta charla do ciclo de charlas gratuitas sobre videoxogos dirixidas a familias. O vindeiro venres 16 de abril de 17.30 h a 18.30 h. desenvolverase en liña esta sesión que imparte Antonio Rial Boubeta, Doutor en Psicoloxía social e Profesor da USC. Inscricións na... Seguir lendo →
Alegacións ao borrador da orde de desenvolvemento do decreto 229/2011 que regula a atención á diversidade
Dende a Confederación ANPAS GALEGAS, ademais das propostas que enviamos no documento do borrador da Orde de Atención á Diversidade, queremos propor as seguintes consideracións que se deberían ter en conta: A atención á Diversidade ten que estar regulada tanto nas ensinanzas de réxime xeral como nas ensinanzas de réxime especial pois está presente ao... Seguir lendo →
Solución ao adiamento das eleccións a consellos escolares e contestación por parte da Consellería de Educación
Dende a Confederación ANPAS GALEGAS consideramos que a publicación da Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se retrasaba a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos o 22 de outubro do 2020, podería terse xustificado na situación epidemiolóxica daquel... Seguir lendo →
Resumo do decreto: dereito do alumnado á obxectividade na avaliación
Desde ANPAS Galegas elaborouse un resumo do Decreto do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria... Seguir lendo →
Non nos merecemos este concelleiro: non hai campamentos de Semana Santa
Este nadal pasado case non houbo oferta municipal para atender ás nenas e nenos composteláns nos días non lectivos, e a pouca que houbo veu da demanda que esta Federación fixo, dun xeito moi rotundo, ao novo concelleiro de educación. Iso si, xa se ocupou o departamento de sacar tarde e mal a convocatoria, e... Seguir lendo →
3º Concurso Fotografías pola Igualdade
Hoxe comeza o prazo para participar na terceira edición do Concurso Fotografías pola Igualdade. O prazo de admisión de fotografías rematará o 30 de abril, ás 24.00 h.Enviade as fotografías ao correo electrónico anpascompostela@gmail.com CONVOCATORIA E PARTICIPACIÓN A Federación Galega de ANPAs Compostela convoca o III Concurso de Fotografía co obxectivo de que o alumnado... Seguir lendo →
Solicitude de vacinación para coidadoras de comedor escolar
Dende Anpas Galegas solicitouse a vacinación do persoal que traballa nos comedores escolares. Nos comedores escolares dos colexios galegos traballa un numeroso colectivo de atención ao alumnado de infantil, primaria e secundaria, ben como colaboradores voluntarios no caso dos comedores xestionados pola xunta de Galicia, ou ben como persoal contratado nas tarefas de atención e... Seguir lendo →
E logo, porque non iamos ser iguais?
E logo…por que non íamos ser iguais? Unha pregunta dunha lóxica abraiante . Seguro que calquera nena ou neno de infantil faríaa sabendo que toda resposta que non fora: “claro que somos iguais”, é mentira. Pois esa mentira é a na que vivimos nesta sociedade, unha mentira ilóxica dende tódolos puntos de vista posible, porén,... Seguir lendo →