Lanzamento da páxina web “Somos Rural”

Ola a todas,

Xa temos posta en marcha a nosa nova páxina para festexar o rural galego como cómpre, coa arte da imaxe e a palabra. Están aí as colaboracións, fotos, escritos, poemas, reflexións e ánimos de tantas persoas do mundo das artes que quixeron partillar connosco o cariño, a devoción e o interese que todas as galegas de ben sentimos pola nosa Terra, polo noso Rural.

A nosa arela é que esta páxina sexa un lugar onde poidan seguir deitándose as impresions artísticas da nosa xente, un espazo máis onde poidamos recompilar o que o rural suxire en nós, o que nos provoca e desexamos subliñar con forza.

Para as que xa participastes, e nos deixastes un anaco de vós neste traballo, Moitas Grazas.

Para aquelas persoas do mundo das artes e das letras que aínda non o fixestes, facemos un chamado á vosa achega. A defensa do noso rural faise de todas as maneiras, e dende todos os lugares, este é un máis, e só quere sumar e seguir sumando para construír un mundo onde a nosa mellor esencia teña todo o futuro. Se queredes participar, enviádenos as vosas colaboracións a anpasgalegas.somosrural@gmail.com , será o mellor dos agasallos.

E para todas: dádelle ás a esta iniciativa, contádeo, dicídelle á vosa xente que hai outra fiestra aberta para espallar o amor polo noso; alén da nosa mínima importancia, está a transcendencia enorme do noso Pais, e do Futuro das nosas fillas e fillos, ese realmente é o valor do que facemos entre todas. E por iso temos dereito a dicilo sen límites.

https://somosrural.anpasgalegas.gal

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: