Charla gratuita:”Uso responsable dos videoxogos”

A Asociación Pedagóxica Mudare, en colaboración coa Federación de ANPAS Compostela, organiza un ciclo de charlas gratuitas sobre videoxogos dirixidas a familias.

O vindeiro venres 26 de febreiro de 17.30 h a 18.30 h. desenvolverase en liña a primeira charla para facilitar información ás familias sobre a elección e o uso dos videoxogos no fogar.

Contidos da charla “Uso responsable dos videoxogos”

Abordaranse, entre outras, as seguintes cuestións:
– Que é o código PEGI?
– Como afectan os videoxogos no desenvolvemento das crianzas?
– Que pautas se poden seguir para un uso responsable?
– E todas as cuestións que queirades plantexar durante a charla

Imparte: Silvia López Gómez, Doutora en Educación. Especialista en videoxogos e tecnoloxía educativa.

Inscricións na charla

As familias interesadas poden inscribirse en http://bit.ly/videoxogos. Posteriormente, recibirán por email a ligazón para conectarse uns días antes da realización da charla.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: