ENQUISA DO RURAL – Por un plan educativo específico para o rural

A Confederación ANPAS GALEGAS quere coñecer de primeira man o punto de vista das familias dos nenos e nenas do rural galego sobre o ensino, coa intención de elaborar un conxunto de propostas que sexan as bases para demandar un plan educativo específico para o rural.

Vós sodes quen coñecedes o día a día e a realidade destas escolas e os que podedes contarnos, non só como son os cousas, senón tamén como pensades que deberan ser.

Se tedes varios fillos/as cursando educación infantil, primaria ou secundaria, cubride, por favor, un formulario por cada un/ha deles.

Grazas pola vosa colaboración

NOTA: Os datos recollidos utilizaranse no ámbito do traballo desta Confederación, e poderán ser cedidos a outras entidades que traballen a prol do Ensino público galego.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: