Reclamación a Sanidade

Prezado Conselleiro de Sanidade:

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS  e ante a aparente situación de descoordinación entre a súa Consellería e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no que a xestión dos gromos nos centros de ensino público se refire, diríxome a vostede para trasladarlle a sensación de intranquilidade das familias.

Non é unha situación sinxela para ninguén e sabémolo todas, por iso consideramos que o máis acaído é procurar a maior transparencia posible co fin de evitar situacións como a vivida nalgún colexio estes días.

Vostedes teñen os medios para proporcionar a información que precisan as familias de xeito oficial. Non pode darse o caso, como está pasando, de que chegue a información a través doutras vías que non sexan as oficiais porque iso crea inseguridade na comunidade educativa.

Polo tanto, solicitamos:

  • Que se publiquen puntualmente os datos exactos e correctos sobre a situación epidemiolóxica nos centros de ensino público
  • Que procure a precisa coordinación coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade para evitar estas situacións de caos que están a provocar na xestión de positivos da COVID-19.

Reciba un cordial saúdo

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: