Charla gratuita: “Sexismo e estereotipo de xénero nos videoxogos”

Coincidindo coa semana do 8M, esta segunda charla gratuita sobre videoxogos adicarase a analizar o sexismo e os estereotipos de xénero que impregan algúns dos videoxogos máis populares, tratando de abrirnos os ollos hacia cales son os contidos que consumen os nosos fillos e fillas durante horas e horas.

Debemos aprender a mirar os videoxogos con perspectiva crítica, coas lentes de color lila, reflexionando sobre os estereotipos das personaxes (entre eles a sexualización das mulleres) e os story tellings dos videoxogos mais demandados por parte da infancia e adolescencia. A nosa labor como adultos é proporcionarlles videoxogos que non estean impregnados dos valores pésimos das masculinidades hexemónicas.

Imparte a charla en liña Jorge García Marín, Profesor de Socioloxía da USC, o vindeiro venres 12 de marzo de 17.30 a 18.30 horas.

Por se credes que os videoxogos non son tan machistas, podedes mirar este vídeo de tan só 3 minutos para facervos unha idea:

Se aínda así dubidades se asistir, aportamos outro dato: entre os videoxogos máis sexualizados o primeiro que sae mencionado é o Fornite. Si! ese que dixemos na anterior charla que era a partir de 12 anos e que xogan xa dende moito máis pequenos:

Inscricións na charla

As familias interesadas poden inscribirse en http://bit.ly/videoxogos2. Posteriormente, recibirán por email a ligazón para conectarse uns días antes da realización da charla.

Así que xa sabedes: non vos perdades a próxima charla!. Animádevos a participar e difundir.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: