Solicitude de vacinación para coidadoras de comedor escolar

Dende Anpas Galegas solicitouse a vacinación do persoal que traballa nos comedores escolares.

Nos comedores escolares dos colexios galegos traballa un numeroso colectivo de atención ao alumnado de infantil, primaria e secundaria, ben como colaboradores voluntarios no caso dos comedores xestionados pola xunta de Galicia, ou ben como persoal contratado nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar.

Este persoal pode ser considerado incluído dentro do grupo 6 B) como “outros profesionais que atenden ao alumnado”, con máis risco por certo do que ten o profesorado, xa que realizan o seu traballo nun espazo pechado, sen manter a distancia de seguridade e no momento da comida, un momento no que o alumnado non está a facer uso da máscara de protección. E moi por diante do grupo 6 C) a quen, no caso das persoas menores de 55 anos, se vacinou recentemente. Resulta máis que sorprendente que a valoración dos colectivos que deben vacinarse estea a realizarse en función da relación laboral que manteñen coas institucións académicas de ensino de 3 a 16 anos, e non en
función do efectivo risco de contacto directo que sofren estas persoas no seu traballo cotián.

Polo que solicitamos que se vacine coa máxima urxencia a todo o persoal de atención directa ao
alumnado nos comedores escolares galegos.

Pódese consultar a solicitude presentada á Dirección Xeral de Saúde Pública nesta ligazón.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: