Resumo do decreto: dereito do alumnado á obxectividade na avaliación

Desde ANPAS Galegas elaborouse un resumo do Decreto do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Esta orde regula o procedemento de reclamación das cualificacións , promoción e titulación co fin de establecer as garantías para unha avaliación do alumnado conforme criterios obxetivos.

  • Os centros deberán facer públicos os procedementos e os criterios xerais de avaliación, promoción e titulación.
  • O alumnado ou a persoa que a represente legalmente poderá solicitar as aclaracións que precise acerca das valoracións sobre o seu aprendizaxe e cualificacións. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.
  • De persistir o desacordo , o alumno ou tutor legal poderán solicitar por escrito a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.
  • Cando a solicitude de revisión teña por obxecto a revisión dunha cualificación final, no primeiro día lectivo seguinte, ou se for o caso, hábil, a aquel en que finalice o período de solicitude de revisión, cada equipo docente ou departamento didáctico, segundo proceda, analizará as solicitudes de revisión recibidas e elaborará os correspondentes informes.
  • O equipo docente trasladará o informe á xefatura de estudos quen comunicará por escrito como máximo no día lectivo seguinte ao alumnado ou tutor legal a decisión de ratificación ou modificación da cualificación e se lle entregará unha copia do escrito cursado co xustificante de recepción.
  • No caso da revisión de promoción ou titulación considerarase a pertinencia de convocar unha reunión extraordinaria á vista do informe elaborado polo equipo docente no prazo máximo de dous días lectivos, ou se for o caso hábiles, desde a finalización do período de solicitude de revisión.
    A dirección do centro comunicará por escrito ao alumno ou alumna e ás súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal a ratificación ou modificación razoada da decisión de promoción ou titulación, o que porá fin ao procedemento de revisión.
    As persoas interesadas no procedemento terán dereito a acceder e a obter copia dos documentos contidos no expediente, que se lle remitirán en formato dixital.
  • No caso de persistir o desacordo pódese reclamar á Xefatura Territorial por escrito á través da dirección do centro docente. e, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada.
  • A dirección do centro , no prazo non superior a tres días hábiles, remitirá o expediente á xefatura territorial.
  • No prazo de quince días hábiles a partir da recepción do expediente, considerando a proposta incluída no informe que elabore o Servizo de Inspección Educativa, a xefatura territorial adoptará a resolución pertinente, que será motivada en todo caso, e que se comunicará inmediatamente á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa interesada e que será consignada nos correspondentes documentos oficiais de avaliación.

    A resolución da xefatura territorial poñerá fin á vía administrativa.

Descarga o resumo do decreto nesta ligazón

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: