Solución ao adiamento das eleccións a consellos escolares e contestación por parte da Consellería de Educación

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS consideramos que a publicación da Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se retrasaba a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos o 22 de outubro do 2020, podería terse xustificado na situación epidemiolóxica daquel momento; porén, cinco meses é tempo de abondo para atopar unha solución que posibilite organizar ás eleccións para a renovación desde órgano.

Non ten ningún sentido que o proceso estea invalidado indefinidamente cando existen ferramentas para reactivalo con seguridade, tal e como se fai con outros procedementos. Sen dúbida haberá que adaptarse ás circunstancias, pero estas non poden ser escusa para paralizar o procedemento democrático de participación nos centros escolares. Non podemos esquecer que o Consello escolar é unha figura importante na xestión dos centros e que nela participa toda a comunidade educativa . Aínda máis importante cando ca nova lei educativa, recupera o seu poder decisorio e principal.

Lembrámoslle o artigo 119.1 da Lei Orgánica 2/2006 establece que son as administracións educativas quen deberán garantir a participación activa da comunidade educativa.. o que dende logo non pode realizarse se o principal órgano democrático de decisión está irregularmente minguado. Xa que logo, solicitámoslle que á maior brevidade posible estableza de novo o calendario para a celebración das eleccións dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos; ou, no seu defecto estableza unha vía alternativa que garanta a plena representatividade de todos os sectores implicados neste órgano colexiado.

CONTESTACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE EDUCACION: 044-RESPOSTA-SOLUCION-ADIAMENTO-ELECCIONS-CONSELLO-ESCOLAR

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: