Reclamamos un programa de conciliación de verán accesible para as familias

Estimado concelleiro:

Achegamos a demanda que unha vez máis a Federación de ANPAS “Compostela” ten que facer sobre o programa de conciliación, demanda que tamén faremos chegar aos medios de comunicación e que está na vosa man darlle resposta efectiva, ou escusar a vosa inacción unha vez máis sobre este tema.

Un saúdo…

TEREMOS PROGRAMA DE CONCILIACIÓN ESTE VERÁN OU “NON HABERÁ DEMANDA”?

Quedan menos de dous meses para que remate este curso escolar e comece o verán para todos os cativos e cativas composteláns. Un verán por diante no que as familias precisamos dun espazo educativo e de lecer para os nosos fillos e fillas, tamén de coidado e custodia porque o verán só comeza para eles.

Un ano máis, reclamamos que a Concellería de educación dea resposta real ás necesidades das familias compostelás e asuma a súas competencias poñendo en marcha un programa de verán que permita a conciliación das nais e pais, un  programa accesible para todas, pola súa ubicación e polo seu custo. Un programa accesible tamén porque debe chegar a tempo para responder a esta necesidade que ano tras ano comeza o 23 de xuño, e non agardar a que inevitablemente non haxa demanda.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: