Enquisa sobre a modificación do calendario escolar en Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten a intención de modificar o calendario escolar e presentou a seguinte proposta á mesa sectorial de Educación onde as familias non temos representación. O cambio fundamental afecta á ESO, 1º de BAC e FP básica.

O principal cambio no calendario escolar do curso que vén é a celebración dos exames finais que quedaría do seguinte xeito:

  • Convocatoria final ordinaria da ESO, 1ºBACH, 1ºFP Básica: os exames serán antes do 6 de xuño.
  • Convocatoria extraordinaria para ESO, 1ºBACH, 1ºFP Básica: os exames serán entre o 17 e o 21 de xuño.

Polo tanto, a actual convocatoria de setembro pasa a realizarse: antes do 21 de xuño.

Ante este importante cambio no calendario escolar, precisamos coñecer a valoración que fan del as familias.

Participa e comparte para que chegue a todas as familias!

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: