FORO: A contorna na educación

Que é o rural galego? Que o distingue e significa? Cal é a suma de razóns que o converten nun lugar diferente, nunha ollada peculiar, nunha vivencia específica?

Falarmos de contorna ao implicar ao rural semella un canto pastoral, unha referencia á natureza e ao medio; máis non é ese o significado único, nin sequera o maioritario, que lle queremos dar dende ANPAS GALEGAS e dende a ollada educativa. O que nós pretendemos é ligar ás persoas e ao lugar coa cultura, co pensamento, coa natureza tamén, coa tradición, coas posibilidades reais, coas diferenzas específicas -físicas e medioambientais-.

Educar onde estamos e vivimos, para poder vivir onde nos educaron. E para iso non abonda co que fagamos as familias precisamos o apoio da comunidade educativa, por iso preguntámonos canto podemos personalizar a formación que reciban as nosas fillas e fillos, en diferentes campos:

  • Localización na contorna: onde estamos, cales son os trazos distintivos da historia, da evolución e da cultura deste lugar, canto nos condiciona sermos e estarmos aquí, que nos aprende este lugar e cal é o xeito de vivilo. 
  • Formación específica do profesorado: 
    • Obxectiva: Coñecemento, utilización  e aprendizaxe dos recursos do medio
    • Subxectiva: Aprendizaxe no traballo con grupos pequenos ou agrupacións.
  • Modelo educativo diferenciado, personalizado ao grupo social que atopemos, educar dende o íntimo ao xenérico.

Ponentes do Foro “A contorna na educación”

  • José Manuel Roca : Instituto de Estudos Chairegos
  • Daniel López Muñoz: sociólogo
  • Antón Costa: Facultad de Ciencias da Educación de Compostela
  • Mariló Canedo: Facultad de Ciencias da Educación de Coruña

Data e ligazón para asistir ao foro

  • Venres 7 de maio ás 18.00 horas

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: