Reclamación programa de verán 2021

Dende a Federación xa non sabemos que máis dicirlle a este concelleiro de educación para que non continúe destrozando o pouco que había e que custou tantos anos conseguir.

Agora vai polos campamentos de verán, inventándose unha programación de conciliación nos centros socioculturais, que sempre houbo e que nunca foi conciliación, que claramente quedou insuficente sobre a demanda existente, quedaron preto de 150 nenas fóra só no ámbito urbano, e un bó número tamén no rural.

Demostrémoslle ao Concello que SI HAI DEMANDA!

Nós seguimos dando guerra dende a Federación, pero estaría ben que se mollaran as familias, e por iso preparamos unha carta-tipo para que a envíe todo o mundo ao Concello, dirixindo os escritos á Alcaldía para facerlles saber que sí hai demanda.

O que vos pedimos a vós é que a difundades entre as familias, para que a envíen a nivel particular, e tamén para que a espallen entre quen coñezan que teñan fillos en idade escolar en Compostela.

Como se presenta?

Pódese facer a través da plataforma estatal REDSARA empregando un certificado electrónico:

  • ACCESO: rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
  • PASOS: rexistrarse co certificado electrónico, cumplimentar os datos persoais de quen presenta a queixa, indicar o “Organismo destinatario” (hai un buscador no que indicaremos que queremos dirixirnos a unha entidade local, en Galicia, na provincia da Coruña, ata que podamos marcar o “Ayuntamiento de Santiago de Compostela“). Despois hai que indicar o ASUNTO, EXPONE e SOLICITA habituais, e da a opción de engadir un documento adxunto, para incluir o documento tipo que podes descargar aqui.

Ou, se non hai certificado electrónico, pódese presentar a queixa de forma presencial a través de calquera rexistro municipal ou no rexistro da Xunta.

Trasladar a queixa ao Departamento de Educación

Tampouco viría mal enviar correos ao departamento de educación: dptoeducacion@santiagodecompostela.gal

Pero sen deixar de envialo á alcaldía, o de educación é secundario neste caso.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: