Campaña Liberdade de ser e sentir! da Deputación da Coruña

Recentemente recibimos información sobre a campaña Liberdade de ser e sentir! impulsada dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña botou a andar estas semanas e vós sodes parte importante dela!

Na súa web seresentir.gal atopamos un feixe de recursos para compartir:

Actividades no mes de xuño

Animámosvos a que entredes na web e lle botedes un ollo á programación que se desenvolverá ao longo do mes de xuño.

  • O próximo 18 e 19 de xuño no Pazo de Mariñán terá lugar a xornada “Memoria Diversa” polo que enviámosvos o programa e o enlace para facer a inscrición
  • O 25 de xuño ás 19h está previsto un diálogo coas entidades do colectivo sobre o futuro e retos da diversidade sexual, podedes facer inscrición a través de info@seresentir.gal.

Calquera das dúas actividades pódense seguir por streaming.

Recursos sobre diversidade sexual

Entre outros recursos atopamos contacontos, vídeos presentación de colectivos LGTBQI+, refrescar conceptos coas pílulas divulgativas ou o “rosco pasapalabra” arredor de termos relacionados coas diversidades sexuais.


Todos estes recursos e moitos máis, que iranos publicando ao longo destas semanas para que toda a sociedade galega poida compartir nas redes sociais empregando os cancelos #seresentir e #DeputacióndaCoruña coa finalidade de sensibilizar, concienciar e reivindicar o día da diversidade sexual.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: