Éxito da charla “Atención da adolescencia en tempos de coronavirus”

A pandemia polo coronavirus e as medidas que se tomaron tiveron una gran repercusión na vida de todas as persoas e nas dinámicas das familias. Ser adolescente, ou acompañar a una persoa adolescente, nestes tempos supón una adaptación máis alá do que supón a nova etapa de desenvolvemento cos seus cambios físicos emocionais e de pensamento.

Por iso dende a Federación de ANPAS “Compostela”, en colaboración coa UMAD do Concello de Santiago, tivemos a iniciativa de desenvolver un pequeno espazo de participación, onde compartir experiencias e intercambiar información daqueles aspectos e temas que son de interese para as familias que estades a acompañar a persoas adolescentes nestes momentos tan especiales pola situación tan excepcional que vivimos.

Démoslle forma de obradoiro, de charla de grupo en liña, e foi a psicóloga de UMAD, Mª José Blanco, quen dirixiu o encontro. Os días 15 e 22 de xuño realizamos estas “Charlas sobre a atención da adolescencia en tempos de coronavirus” que contou cunha excelente acollida e da que todas as familias participantes atopamos novas ideas e apoios para acompañar do mellor xeito posible á cativada neste difícil contexto da pandemia.

Captura de pantalla do encontro virtual no que se desenvolveu a charla “Atención da adolescencia en tempos de coronavirus”.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: