En marcha o proceso de solicitudes de praza de comedor para o curso 2021/2022

O Concello de Santiago de Compostela ven de aprobar os prazos e o procedemento de admisión e matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2021-2022.

Prazos para a solicitude de praza

O prazo de matrícula para solicitar os servizos de comedor e madrugadores comeza mañá martes 30 de xuño e remata o martes 14 de xullo (ambos os dous inclusive).

Solicitudes

Para solicitar praza nos comedores escolares no vindeiro curso 2021/2022 hai que entregar cuberto o impreso que se pode descargar na páxina do Concello www.santiagodecompostela.gal e despois deberán rexistrarse na APP Cole Chef

Prezos

prezo xantar/comensal/día:  4,50€/día (IVE engadido)

– preso almorzo/comensal/día: 1,94€/día (IVE engadido)

Novidades

  • Hai que resixtrarse na APP ColeChef.
  • Os/as usuarios/as que fixeran uso do servizo ou se matricularan no curso 2020/21 só terán que inscribirse no APP Colechef.
  • Ofrécese a posibilidade de levar a comida para levar.  a comida ofrécese en liña quente.
  • Aviso de asistencia ao servizo a través da APP Colechef antes da 20h do día anterior.
  • Para utilizar a modalidade puntual do servizo hai que avisar a través da APP Colechef antes das 16h do día anterior

Documentación

Máis información nesta ligazón: http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=20701&lg=gal.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: