Non á supresión dunha liña no CEIP de Calo

Este curso escolar rematou cun sabor amargo para as familias da ANPA A Rabadela do CEIP de Calo (Concello de Teo). Inspección educativa ven de notificar que para o vindeiro curso escolar 2021/2022 prescindirá dunha das 3 liñas no curso de 4º de primaria, de forma que as aulas que ata o de agora contaban con 17 escolares, pasarán a ser dúas aulas de 25.

As familias están totalmente indignadas de que en plena pandemia se realice este cambio, deixando fóra ademais a un cativo que vivindo en Calo terá que desprazarse a outro centro educativo por superar xa o número máximo de prazas por aula ao eliminar esta terceira liña para o curso que ven. A situación que vivirá a comunidade escolar neste centro o vindeiro curso implicará unha perda de calidade notoria, xa que non se tivo en conta o feito de que as crianzas con necesidades específicas de apoio educativo superan o 10% nese curso, con dous casos de necesidades severas, nin o informe favorable ao desdobre do anterior inspector. Tampouco tivo relevancia o elevado número de baixas laborais rexistradas entre os mestres con anterioridade á creación da terceira liña.

Xestións en marcha por parte da ANPA

Desde a ANPA A Rabadela están decididas a solicitar que se manteña a mesma estrutura de 3 liñas, como aconteceu no presente curso escolar.

  • Reunión con Concello: alcalde e Mayte Argibay
  • Solicitada concentración para o día 16 de xullo
  • Solicitouse o 6 de xullo por rexistro electrónico unha reunión presencial coa inspectora Carmen Cimadevila, que tivo lugar hoxe 13 de xullo, reunión que resultou infrutuosa. 
  • Reunión con Manuel Barreiro do grupo parlamentario do BNG.
  • Solicitar reunión a representantes do PP. 

Os medios de comunicación fanse eco desta loita

Escucha “Hora 14 Fin de Semana Santiago (03/07/2021)” en Play SER Escucha “Las Noticias de Santiago 07:20 (06/07/2021)” en Play SER Escucha “Hoy por Hoy Santiago (06/07/2021)” en Play SER

La Voz de Galicia (07/07/2021): https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/brion/2021/07/07/recorte-aula-calo-dudas-sobre-comedor-brion-lastran-proximo-curso/0003_202107S7C5997.htm

Protestas na rúa “Mellor 3 clases que 2”

Trala decepcionante xuntanza que mantivo a ANPA do centro de Calo esta mañá coa inspectora de zona, tomouse a decisión de elevar as protestas á rúa. Neste encontro, ao que tamén acudiu en apoio das nais e pais a concelleira de Educación de Teo, Mayte Argibay, a Inspectora mantendo o mesmo argumento que o conselleiro Román Rodríguez, aludiu a criterios técnicos e organizativos para xustificar o recurte dunha liña de cuarto curso, incrementando ata o máximo legal de 25 alumnos e alumnas a ratio das dúas aulas restantes.

Despois dun curso no que se evidenciaron os beneficios académicos e sociais da non masificación das aulas, a ANPA e as familias non imos aceptar unha volta atrás.

Esta negativa da Inspección a reconsiderar o recurte dunha aula abócanos a iniciar mobilizacións, polo que convocamos para este venres 16 de xullo pola mañá de 11 a 13 h, diante do edificio da Inspección Educativa, no edificio MUPEGA en Santiago, para facerlle saber a Inspectora o que nos parece a súa opinión sobre a educación que merecen as nosas fillas e fillos: para eles son só números (https://anparabadela.wordpress.com/2021/07/13/numeros).

Apoios nas redes sociais

Hoxe mesmo arranca unha campaña de recollida de apoios entre establecementos, colectivos e asociacións de Teo Nesta ligazón podedes descargar o cartaz para que o personalicedes e compartades nas RRSS para darlle o voso apoio ás familias do CEIP de Calo.

Velaquí o noso cartaz de apoio:

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: