1ª XUNTANZA PRESENCIAL POST-PANDEMIA

O pasado 9 de xullo tivo lugar a primeira xuntanza presencial post-pandemia da xunta directiva de ANPAS Galegas.

Falamos deste curso atípico e complicado, da necesidade de forzar o diálogo coa administración educativa para conseguir un calendario escolar diferente, que realmente recolla as aspiracións das familias galegas, da importancia de defender o ensino público frente ao concertado, e da necesidade das ANPAS en todas as etapas educativas nomeadamente na etapa de secundaria, na que é máis necesaria que nunca a participación das familias na vida dos centros escolares que a imparten.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: