Charla “A implicación das familias na prevención da violencia de xénero” orientada a ed. secundaria (26/10/21)

A Federación de ANPAs “Compostela” organiza para o vindeiro martes 26 de outubro ás 17.30 h. a charla “A implicación das familias na prevención da violencia de xénero“, da man da socióloga Amada Traba.

violencia de xénero é un problema estrutural e sistémico no que todas as institucións temos que implicarnos conscientemente. Nesta charla conversaremos sobre as formas nas que, sen nos decatar, podemos chegar a reproducir modelos, formas de pensar, estereotipos discriminatorios, ou alentar condutas que non propician o cambio que desexamos. Trataremos de comentar aspectos das relacións afectivas familiares que si inciden positivamente na eliminación desta violencia.

Inscricións na charla

Esta actividade desenvolverase de forma presencial no local da FANPA Compostela (R/Estocolmo, 8, Santiago) e tamén telemática.

As familias interesadas poden inscribirse en https://bit.ly/charlaigualdade261021

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: