Concentración de apoio á moción sobre o audiovidual en galego en Compostela

Desde a Federación de ANPAS Compostela estamos a apoiar, xunto á Confederación ANPAS Galegas, a iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística para garantir a presenza do galego  no audiovisual, a través da iniciativa Xabarín 2.0., solicitando que na reforma da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual se igualen todas as cuotas referidas ás linguas. Neste debate, que está a coller forza estes días no Estado, Galiza foi pioneira demandando presenza equitativa para a súa lingua.

Despois da aprobación da Iniciativa o 12 de maio e da ratificación da unanimidade parlamentar o 29 de setembro, as forzas políticas comprometéronse a levar a iniciativa aos plenos municipais para se sumaren á reivindicación e notificándollo á Secretaría de Estado de Telecomunicacións (responsábel do Anteproxecto de Lei Audiovisual) e a TVE, que debe cumprir o seu mandato marco en relación á pluralidade lingüística.

A primeira moción municipal de apoio que, previsibelmente, será apoiada por unanimidade, debaterase este xoves, 28 de outubro, ás 17h no concello de Santiago.

Para manifestar o apoio a esta moción e á unidade social arredor da reivindicación do galego no audiovisual, convocamos unha concentración este xoves ás 17h diante do Pazo de Raxoi onde tamén participarán os grupos municipais.

Agradecemos a máxima difusión desta convocatoria.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: