O pasado vernes 4 de novembro, tivo lugar no edifico CERSIA a entrega de premios do 4º Concurso de Fotografías pola Igualdade, á que asistiu o concelleiro de centros socioculturais Javier Fernández e as concelleiras Maria Rozas e Goretti Sanmartín, acompañando a participantes, gañadoras e familias.
Neste acto festivo fixemos entrega dos premios das distintas categorías previstas: alumnado de educación infantil e primaria, de ESO, de bacharelato e familias, e houbo a oportunidade de escoitar e rir cos contos tradicionais de Celso F. Sanmartín.
Nesta edición presentáronse máis de cincuenta fotografías de alumnado de vinte centros escolares, principalmente de Santiago e comarca, pero tamén de Ribeira, Rois, Vigo, A Coruña, Pontevedra e Santa Comba.

O concurso de “Fotografías pola igualdade” naceu no seo da FANPA Compostela no curso 2018-19 como unha iniciativa coa que se pretendía animar a menores e familias a por o foco na igualdade e desigualdade, grande ou pequena, que nos rodea. A interpretala e recollela e a gardar un instante dela nunha imaxe, xa que o feito de captala ofrecía un espazo para pensar, reflexionar, ás veces debater sobre igualdade, o que o convertía nun pequeno xesto para avanzar de cara a igualdade real na nosa sociedade. Hoxe -catro anos despois- é unha actividade consolidada nas accións que desenvolvememos en prol da igualdade, na que cada curso participan un maior número de centros, estudantes e familiase que, agardamos, siga medrando nas vinderias edicións.