En marcha o proceso de solicitudes de praza de comedor para o curso 2021/2022

O Concello de Santiago de Compostela ven de aprobar os prazos e o procedemento de admisión e matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2021-2022. Prazos para a solicitude de praza O prazo de matrícula... Seguir lendo →

Convocatoria de bolsas de comedor escolar, adquisición de material e actividades extraescolares. Curso 2021/2022

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria urxente do 1 de xuño do 2021, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación... Seguir lendo →

Solicitude de vacinación para coidadoras de comedor escolar

Dende Anpas Galegas solicitouse a vacinación do persoal que traballa nos comedores escolares. Nos comedores escolares dos colexios galegos traballa un numeroso colectivo de atención ao alumnado de infantil, primaria e secundaria, ben como colaboradores voluntarios no caso dos comedores xestionados pola xunta de Galicia, ou ben como persoal contratado nas tarefas de atención e... Seguir lendo →

Resolución das bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares do Concello de Santiago

Xa se pode consultar na web do concello a resolución definitiva da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de... Seguir lendo →

Xuntanza co Conselleiro e o Director Xeral

O pasado luns 28 de setembro a Confederación de ANPAS Galegas mantivo unha xuntanza telemática con Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e o Director Xeral. Aquí vos deixamos o resumo das propostas que se presentaron: 1- MAIOR DOTACIÓN DE PERSOALDOCENTE:• Débense cubrir todos os desdobres solicitados, mesmo en bacharelato; e que o... Seguir lendo →

As familias de Compostela reclaman o acceso universal ao servizo de comedores escolares

As ANPAS rexeitan o Decreto do Concello e reclaman que se busquen solucións con urxencia. Asistiron á rolda de prensa Esther Martínez (Vicepresidenta Federación ANPAs Compostela - CEIP de Roxos, á esquerda na fotografía), Nacho Louzao (Vogal Federación ANPAs Compostela - CEIP Monte dos Postes, á dereita na fotografía), Ana Grilo (CEIP Apóstolo Santiago), Carlos Fiaño... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos