Sen opcións en Bacharelato

Estes días andamos escoitando por todas partes que a consellaría de educación prohibe, impide, que existan grupos de materias en bacharelato inferiores a cinco alumnas e alumnos en materias troncais, e oito noutro tipo de materias; e iso aínda que o centro escolar teña dispoñibilidade horaria abonda co profesorado que estea alí destinado. Isto afecta... Seguir lendo →

Consellaría de Educación = Desmantelamento ensino público

Novamente, non fóra ser que algo cambiara, temos que posicionarnos na defensa do Ensino Público Galego, e temos que facelo –coma en tempos que xa deberan ter pasado- denunciando que non hai maior inimigo que a propia Consellaría de educación da Xunta de Galicia, que retirou de vez a pel de año que a cubriu... Seguir lendo →

Escrito que lle enviamos ao presidente da CIUG, aos tres reitores e ao Secretario Xeral de Universidades

Prezado Reitor, Dende a Confederación ANPAS GALEGAS tentamos sempre manter un fondo silencio no que atinxe ás reivindicacións do alumnado universitario, porque entendemos que as nosas fillas e fillos teñen xa idade para ser protagonistas das súas propias demandas, e tamén que existen organizacións estudantís que deberan canalizalas axeitadamente. Porén, non podemos deixar de expresarlle... Seguir lendo →

Non á supresión dunha liña no CEIP de Calo

Este curso escolar rematou cun sabor amargo para as familias da ANPA A Rabadela do CEIP de Calo (Concello de Teo). Inspección educativa ven de notificar que para o vindeiro curso escolar 2021/2022 prescindirá dunha das 3 liñas no curso de 4º de primaria, de forma que as aulas que ata o de agora contaban... Seguir lendo →

Demanda de instrucións para volver á normalidade

Se imos acadando a normalidade na vida diaria, sería interesante acadala tamén no ensino público. Prezado Conselleiro de cultura, educación e universidades: A menos dunha semana do remate das clases , dende a Confederación ANPAS GALEGAS seguimos agardando pacientemente por unhas instrucións para o inicio do vindeiro curso que aporten algo de seguridade e tranquilidade... Seguir lendo →

Compra de libros en E-DIXGAL

Demandamos unha resposta clara a confusión creada coa implantación de E-DIXGAL: temos que mercar libros de texto ou non? A/A do Secretario Xeral de Educación e Formación ProfesionalConsellaría de cultura, educación e universidades Dende ANPAS GALEGAS sempre apostamos por un Ensino Público moderno e actualizado coas tecnoloxías que sitúe ao noso alumnado no mundo no... Seguir lendo →

PLATAFORMAS DIXITAIS NON AUTORIZADAS

Realmente debe ser difícil sacar unha normativa seria sobre o ensino dixital. Dende a Confederación ANPAS GALEGAS estamos preocupadas, cando non escandalizadas, polo que está acontecendo en varios centros escolares segundo a información aportada polas nosas ANPAS: estanse ofertando e utilizando plataformas e aplicacións dixitais educativas polas que as familias teñen que realizar un pagamento.... Seguir lendo →

Convenio coa Fundación Alcohol y Sociedad

Prezado Conselleiro de Cultura, educación e universidades, Hai agora un mes apareceu na páxina da consellaría a sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta e a Fundación Alcohol y Sociedad para “a prevención do consumo de alcohol entre o alumnado de secundaria” da nosa Comunidade. É de supoñer que esa consellaría é coñecedora de... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos