1ª XUNTANZA PRESENCIAL POST-PANDEMIA

O pasado 9 de xullo tivo lugar a primeira xuntanza presencial post-pandemia da xunta directiva de ANPAS Galegas. Falamos deste curso atípico e complicado, da necesidade de forzar o diálogo coa administración educativa para conseguir un calendario escolar diferente, que realmente recolla as aspiracións das familias galegas, da importancia de defender o ensino público frente... Seguir lendo →

Por un novo mapa escolar en Santiago. Xuntanza co Partido Popular

Onte reunímonos co grupo Popular do concello de Compostela, o último co que contamos falar para defender novamente a imprescindíbel convocatoria dun Consello Escolar Municipal onde se fale con urxencia da necesidade de termos un Mapa Escolar actualizado, moderno, planificador da cidade, e acompasado coas necesidades de mobilidade e de crecemento compostelán. O Partido Popular... Seguir lendo →

Xuntanzas no Concello cos grupos municipais.

Estes días a Federación Galega de ANPAS “Compostela” tivemos xuntanza cos principais grupos municipais do Concello de Compostela. Reunións cos grupos municipais O xoves 10 de decembro realizouse a xuntanza con Marta Lois, María Rozas e Miguel Penas de Compostela Aberta, á que asistiron Fernando Lacaci, Esther Martínez e Eduardo Moscoso por parte de FANPA... Seguir lendo →

Un paso máis preto da creación do conservatorio profesional de danza en Santiago

A Plataforma pola creación dun conservatorio profesional de danza en Santiago de Compostela retoma a actividade con reunións cos grupos parlamentares. A finalidade destas reunións é que o parlamento galego inste á Xunta á creación do Conservatorio Profesional de Danza. Comezos da plataforma A plataforma iniciou a súa andaina logo do acordo alcanzado no Concello de Santiago... Seguir lendo →

Xuntanza co PSOE en Raxoi

Falar co grupo de goberno é sempre difícil, teñen axendas máis cheas e complexas, e non damos axustado tempos. Pero este 10 de febreiro conseguimos falar con eles, co Alcalde, Xosé Bugallo, a Concelleira de Educación, Noa Díaz, e o Concelleiro de Obras, Javier Fernández. Non fixemos un discurso diferente ao que se fixo cos... Seguir lendo →

Xuntanza co PP de Santiago

O pasado 6 de febreiro asistimos a unha reunión con María Antón e con Alejandro Sánchez-Brunete, representantes do Partido Popular de Santiago, tardaron pero contestaron, as axendas hai que respectalas, que todas temos moito que facer. Foi unha hora e media de charla agradábel e debatida, como ten que ser, que non todas temos que... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos