Remata o curso da pandemia!

APLAUDINDO AO ALUMNADO GALEGO Imaxinádeme posto en pé e aplaudindo, posto en pe para demostrar o meu respecto, o meu afecto e o meu cariño a todo o alumnado galego que está rematando este curso horríbel; aplaudindo a súa valentía, a súa coraxe, a súa madurez e a súa absoluta formalidade, aplaudindo esa forza que... Seguir lendo →

Campaña Liberdade de ser e sentir! da Deputación da Coruña

Recentemente recibimos información sobre a campaña Liberdade de ser e sentir! impulsada dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña botou a andar estas semanas e vós sodes parte importante dela! Na súa web seresentir.gal atopamos un feixe de recursos para compartir: Actividades no mes de xuño Animámosvos a que entredes na web e... Seguir lendo →

Convenio coa Fundación Alcohol y Sociedad

Prezado Conselleiro de Cultura, educación e universidades, Hai agora un mes apareceu na páxina da consellaría a sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta e a Fundación Alcohol y Sociedad para “a prevención do consumo de alcohol entre o alumnado de secundaria” da nosa Comunidade. É de supoñer que esa consellaría é coñecedora de... Seguir lendo →

Día das Letras Galegas 2021

Abro, con tenrura, un libro de Xela Arias, ao chou, ao que cadre, e leo:devala a lúapolo incensodos meus sentidosdevala o tempoe os espaciadosdeválomeachego asío bico do todoE logo pregúntome, coma tantas veces nestes anos, entre tantas lecturas non tan fermosas, mesmo cando a palabra tan só pretende transmitir coñecemento, datos, información. Pregúntome sempre: e... Seguir lendo →

E logo, porque non iamos ser iguais?

E logo…por que non íamos ser iguais? Unha pregunta dunha  lóxica abraiante . Seguro que calquera nena ou neno de infantil faríaa sabendo que toda resposta que non fora: “claro que somos iguais”,  é  mentira. Pois esa mentira é a na que vivimos nesta sociedade, unha mentira ilóxica dende tódolos puntos de vista posible, porén,... Seguir lendo →

Lanzamento da páxina web “Somos Rural”

Ola a todas, Xa temos posta en marcha a nosa nova páxina para festexar o rural galego como cómpre, coa arte da imaxe e a palabra. Están aí as colaboracións, fotos, escritos, poemas, reflexións e ánimos de tantas persoas do mundo das artes que quixeron partillar connosco o cariño, a devoción e o interese que... Seguir lendo →

Acoso escolar

Estes días está saíndo na prensa un caso de acoso escolar en Arteixo, un máis a sumar a unha lista interminábel que nos avergoña e preocupa por igual. O acoso escolar é “unha conduta de persecución física e/ou psicolóxica que realiza un alumno ou alumna contra outro, ao que elixe como vítima de varios ataques”.... Seguir lendo →

Guía de recursos afectivo-sexuais

A Confederación de ANPAS Galegas elaborou esta guía como complemento das “Axendas contra a violencia”, que distribuímos nas Asociacións de Nais e Pais asociadas a esta Confederación, dentro dun proxecto subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade. É unha operación cofinaciada con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. DESCARGA AQUÍ A... Seguir lendo →

Máis ca un conto: Os TCA na familia.

As compañeiras de FEANPAs convidannos a participar desta actividade gratuíta, que desenvolverán en liña, destinada principalmente ás familias pero aberta a toda aquela persoa interesada que desexe participar. Deste modo, o vindeiro MARTES 15 DE DECEMBRO ás 19h xuntarémonos para falar da Prevención dos Trastornos do Comportamento Alimentario no ámbito familiar, a través da plataforma... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos