Consellaría de Educación = Desmantelamento ensino público

Novamente, non fóra ser que algo cambiara, temos que posicionarnos na defensa do Ensino Público Galego, e temos que facelo –coma en tempos que xa deberan ter pasado- denunciando que non hai maior inimigo que a propia Consellaría de educación da Xunta de Galicia, que retirou de vez a pel de año que a cubriu... Seguir lendo →

Compra de libros en E-DIXGAL

Demandamos unha resposta clara a confusión creada coa implantación de E-DIXGAL: temos que mercar libros de texto ou non? A/A do Secretario Xeral de Educación e Formación ProfesionalConsellaría de cultura, educación e universidades Dende ANPAS GALEGAS sempre apostamos por un Ensino Público moderno e actualizado coas tecnoloxías que sitúe ao noso alumnado no mundo no... Seguir lendo →

Acoso escolar

Estes días está saíndo na prensa un caso de acoso escolar en Arteixo, un máis a sumar a unha lista interminábel que nos avergoña e preocupa por igual. O acoso escolar é “unha conduta de persecución física e/ou psicolóxica que realiza un alumno ou alumna contra outro, ao que elixe como vítima de varios ataques”.... Seguir lendo →

A Confederación de ANPAS Galegas rexeita o uso de fondos públicos para a educación privada

O Partido Popular, que está gobernando actualmente na Xunta de Galicia, pide que as comunidades autónomas poidan destinar tamén aos centros educativos privados concertados parte do diñeiro que o goberno do Estado repartirá entre todas as CCAA para financiar intereses en educación no próximo curso 2020-2021. O Ensino concertado é unha anomalía do sistema educativo... Seguir lendo →

Elección da directora ou director dos centros escolares

O estado de alarma que se iniciou  no territorio español no pasado mes de marzo supuxo a paralización de numerosos procedementos administrativos que posibilitaban non só o axeitado funcionamento dos centros escolares públicos, senón tamén nalgúns casos a participación democrática -conforme a lei- da comunidade educativa na súa xestión.  A progresiva volta á normalidade con... Seguir lendo →

ANPAS Galegas opina sobre as instruccións do 27 de abril da Consellaría de Educación

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS queremos manifestar a nosa satisfacción polo feito de que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa dite unhas instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do ano académico 2019/2020, que concorden coas propostas que nós mesmas lle fixemos, xunto co resto das entidades que representan a familias e... Seguir lendo →

Xuntanza coa Consellería de Educación: neste trimestre SO se pode TRABALLAR e AVALIAR, SOBRE as materias impartidas nos DOUS PRIMEIROS TRIMESTRES do curso.

XUNTANZA POR VIDEOCONFERENCIA COA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN O 23 de abril fomos convocadas a unha xuntanza  coa Conselleira de Educación, estivemos presentes as dúas confederacións de anpas, e todos os sindicatos representativos no Ensino Público Galego. Estiveron tamén presentes unha representación de anpas e sindicatos do ensino privado, aos que non nos imos referir neste... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos