FANPA Compostela organiza unha charla sobre o uso de pantallas e o Edixgal nas escolas

FANPA Compostela organiza esta charla co fin de ofrecer ás familias información sobre o uso de pantallas nos centros educativos.

O encargado de impartir esta actividade é Fernando Fraga Varela, especialista en Tecnoloxía educativa e membro do grupo de investigación Stellae da USC. Baixo o título “As pantallas a debate: o papel de Edxigal no desenvolvemento das competencias do alumnado”, nesta charla abordaranse os pros e contras desta plataforma, e a súa incidencia ou non, na aprendizaxe do alumnado e no desenvolvemento da competencia dixital.

Convidámoste a este espazo no que escoitar, aprender, e debater xuntas para construir puntos de vista sobre a educación dixital e o modelo vixente nas escolas galegas.

Esta actividade percorrerá varias ubicacións da contorna de Compostela, das que iremos anunciando as datas nesta publicación e tamén nas nosas redes sociais (Facebook e Telegram).

CHARLA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

A segunda charla realizarase no CEIP das Fontiñas (Santiago de Compostela) o vindeiro martes 5 de marzo ás 17.00 h.

Para participar, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.gle/UiYHhVyYgGZNCYVi8.

CHARLA EN BERTAMIRÁNS

A segunda charla realizarase na Casa da Cultura de Bertamiráns (Praza Chavián, 1) o vindeiro xoves 29 de febreiro ás 18.00 h.

Para participar, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.gle/vKqKMaHPKLrmgijL6.

CHARLA EN VEDRA

A charla realizarase en primeiro lugar na Biblioteca municipal de Vedra (Avenida Mestre Manuel Gómez Lorenzo, nº 15- 1º, 15885, Vedra) o vindeiro xoves 8 de febreiro ás 18.00 h.

Animádevos a asistir, cubrindo o formulario de inscrición en https://forms.gle/f8zbkAKVykshC35FA.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos