Caos do programa municipal de conciliación

O luns día 20 terá lugar o sorteo das prazas do programa municipal de conciliación do verán, á vista de que o número de solicitudes supera á oferta, de xeito que as listas de admitidos serán públicas o dia 21 de xuño, 24 horas antes de que remate o curso escolar. Isto, que pode parecer unha broma de mal gusto, non é mais que o resultado do desastre organizativo, do caos que é a concellería de educación de Santiago.

Ao despropósito dunha oferta feita tarde e mal, nunhas condicións que claramente non responden a demanda da cidadanía, temos que sumar agora esta desfeita: familias pendentes dun sorteo 24 horas antes de precisar o servizo. Pode facerse peor?

A FANPA, entidade que representa ás familias do Ensino Público compostelán, reclama a solución inmediata a esta situación que a propia concellería xerou, ampliando a oferta de prazas deste programa, sexa nestes centros ou noutros centros públicos da cidade se fora preciso, de xeito que se atendan todas as solicitudes presentadas, ou a dimisión inmediata do Concelleiro de educación quen deu mostras sobradas nestes tempos da súa incompetencia. 

Desde a FANPA levamos anos reclamando un programa único de conciliación, con características de xestión, prezo, e atención unificadas, claramente informado para a cidadanía e facilitado con tempo e medios abondo como para que sexa unha opción real para as nais e pais compostelás que desexen utilizalo, todo parecido coa realidade deste curso é pura coincidencia. 

Esther Martínez Piñeiro

Presidenta da FANPA COMPOSTELA

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos